Tivemos unha Misa Solemne á 1 da tarde e a continuación a procesión polo entorno da igrexa parroquial coa imaxe de Nosa Señora, naiciña do ceo, acompañada dun gran número de devotos e das nenas que neste día recibiron a medalla da Asociación. durante a entrega das medallas o párroco recordou a todos que ser fillos de María e recibir a súa medalla "é un compromiso para esforzarse en ofrecerlle a María a mellor flor da nosa vida que consiste en esforzarse en vivir na nosa vida e coas nosas obras o envanxeo do seu fillo Xesucristo".